Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 15 de maio

- Foi inaugurada polo alcalde, que destacou as capacidades artísticas dos máis cativos

expoinfancia1

Valga, 3 de maio de 2019.

Alumnos de catro centros educativos de Valga e Pontecesures protagonizan a exposición de pintura “Infancia Crea”, que esta tarde foi inaugurada no Auditorio Municipal coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, as concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro e reprentantes das ANPAS dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, do CRA de Valga e do CPI Pontecesures. Nestes centros a asociación Adeval e, en concreto, a artista local Ángeles Garrido imparte clases de pintura como actividade extraescolar.

Bello Maneiro felicitou a todos os rapaces que aportan obras á exposición e referiuse á especial satisfacción que supón inaugurar unha mostra na que os cativos demostran as súas capacidades artísticas. “Os vosos traballos son impresionantes. Continuade nesa liña e o Concello de Valga seguirá ao voso lado, acompañándovos ao tempo que medrades culturalmente”, díxolles o alcalde.

 “Infancia Crea” pode verse no Auditorio ata o vindeiro 15 de maio. Na segunda quincena do mes tomaralle o relevo “Pintando as nosas letras”, outra mostra colectiva a cargo dos maiores que participan nas actividades do Campus Sénior.

expoinfancia2 expoinfancia3

expoinfancia4 expoinfancia5

Volver