Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Oito equipos masculinos sub-15 e sete femininos sub-14 disputaron o Campionato Galego de Seleccións Comarcais

- Numeroso público ateigou as bancadas do complexo deportivo durante toda a xornada

selecciónscomarcais1

Valga, 15 de abril de 2019.

O Campionato Galego de Seleccións Comarcais nas categorías masculina sub-15 e feminina sub-14 converteu hoxe o complexo deportivo de Campaña nunha festa do fútbol base na que se deron cita máis de trescentos xogadores.

Dende as dez da mañá e ata as oito da tarde oito equipos masculinos e sete femininos disputaron a segunda fase do torneo rexional, organizada pola Real Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Cordeiro C.F. e do Concello de Valga.

Nunha xornada maratoniana xogáronse un total de quince encontros que foron seguidos dende as bancadas por un numeroso e animoso público, tanto visitantes chegados dende toda Galicia como espectadores locais que aplaudiron á valguesa Adriana Iglesias, xogadora infantil do Cordeiro C.F., que tomou parte na competición como integrante da selección de Santiago.

Non faltaron ao evento o alcalde, José María Bello Maneiro, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que presenciaron algúns dos encontros e quedaron a comer cos xogadores na carpa instalada ao efecto pola organización. Tamén o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, acudiu ás instalacións de Campaña para gozar da festa do fútbol.

Os resultados dos partidos foron os seguintes:

resultadosfeminino

resultadosmasculino

As seleccións da Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo clasificáronse, tanto en categoría feminina como masculina, para a fase final do Campionato que terá lugar no mes de maio en Narón.

selecciónscomarcais2 selecciónscomarcais3

selecciónscomarcais4 selecciónscomarcais5

selecciónscomarcais6 selecciónscomarcais7

selecciónscomarcais8 selecciónscomarcais9

Volver