Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os espectadores gozaron durante case dúas horas con cantigas, cancións populares e outras de composición propia

- O grupo interpretou temas tan coñecidos como “Pousa, Pousa”, “Miudiño” ou “A Rianxeira”

Roda1

Valga, 15 de abril de 2019.

Unhas catrocentas persoas asistiron o sábado ao concerto que o grupo “A Roda” ofreceu no Auditorio Municipal, un espectáculo moi entretido no que os espectadores gozaron durante case dúas horas coa música tradicional.

Cristian García (batería), David Cabaleiro (teclado), Xan Barcón (gaita), Manoele de Felisa (voz e guitarra) e Alfredo Dourado (baixo) ofreceron un repertorio composto por cantigas, cancións populares e outras de composición propia coas que o público aplaudiu, cantou e bailou. Non faltaron temas coñecidísimos como “Lévame, Lévame”, “Miudiño, “A Rianxeira”, “Si te casas en Ourense” ou “Pousa, Pousa”, convertidos en auténticos himnos.

Este concerto formou parte da xira “A Roda-Cultura Galega” na que o grupo está inmerso dende comezos deste ano para promocionar o seu último disco “Ao vivo en Ortigueira”. No pasado 2018 “A Roda” festexou o corenta aniversario da súa fundación e recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor de promoción e difusión do patrimonio cultural galego a través da música de taberna.

Roda2 Roda3

Roda4 Roda5

Roda6

Volver