Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A sesión terá lugar o xoves 11 de abril entre as 10:30 e as 12 horas

- Explicaranse unha serie de medidas para reducir o consumo e consellos para entender a factura da luz

aforroluz

Valga, 9 de abril de 2019.

A Aula CeMIT ofrece este xoves, 11 de abril, a través de videoconferencia o seminario web “Como aforrar na túa factura da luz”. A actividade desenvolverase entre as 10:30 e as 12 horas.

O aforro de gasto eléctrico está relacionado directamente co mellor uso que fagamos da enerxía. Con sinxelos consellos de aforro e, sobre todo, ao saber interpretar a factura que nos chega sobre o consumo eléctrico conseguiremos reducir os custos.

Neste seminario explicaranse aos asistentes diferentes medidas que lles permitirán aforrar no gasto eléctrico e ofreceránselles consellos para entender a factura da luz. Falarase tamén de aplicacións móbiles e outros recursos que poden ser de axuda para os consumidores en relación co gasto eléctrico e tamén se explicará como realizar reclamacións ante as compañías.

Volver