Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, financiada a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, terá unha duración de dous meses

- Traballarán pautas de para reaccionar ante ameazas no ámbito do fogar e tamén na rúa

defensapersoal1

Valga, 5 de abril de 2019.

O curso de defensa persoal dirixido a mulleres organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar Social conta cunha trintena de participantes que onte asistiron no Auditorio á primeira sesión cos instrutores por Julio Oliveira, 5º dan de Hapkido e experto en intervención con vítimas de violencia de xénero, e Raquel Vila, 2º dan de Hapkido, actual campioa de España de Hapkido e subcampioa do mundo de defensa persoal.

O curso centrarase nas técnicas do Hapkido, unha arte marcial coreana enfocada á defensa persoal e na que a forza física non é requisito primordial. Nas sesións, que se prolongarán durante dous meses, as participantes traballarán a prevención en dous ámbitos, no do fogar e na rúa.

Recibirán unha serie de pautas de autoprotección que poden axudarlles a salvar as súas vidas en situacións cotiás como cando volvan soas á casa ou cando o fagan acompañadas dalguén que non lles inspire total confianza, se son perseguidas ou se se sinten ameazadas.

Traballarán técnicas básicas e sinxelas que lles axuden a soltarse se son agarradas e aprenderán a golpear de forma contundente para repeler unha agresión e conseguir fuxir. Tamén practicarán con obxectos que habitualmente levamos con nós, como chaves ou bolígrafos, e que poden convertirse en armas de autodefensa en caso de ser agredidas.

Esta actividade é gratuíta para as participantes e finánciase a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

defensapersoal2 defensapersoal3

defensapersoal4

Volver