- Invístense neste proxecto 363.282’45 euros do Plan Concellos
- Actuarase en viais das cinco parroquias para mellorar a súa capa asfáltica
Valga, 4 de abril de 2019.
O Concello de Valga adxudicou á empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) obras de pavimentación en vinte e catro estradas de titularidade municipal.
Mellorarase a capa asfáltica en estradas das cinco parroquias valguesas en beneficio da seguridade viaria.
Na parroquia de Cordeiro actuarase en sete viais: Louro-Senín, Castiñeiras, Moldes-Vilarello, Areal-Outeiro, Ferreirós e dous no Forno.
En San Miguel de Valga son seis as estradas que se van pavimentar nos lugares de Cedelo, Fontenlo, Cimadevila, Casa de Amil e Tarroeira e tamén unha pista que conecta a Avenida da Coruña con Cedelo.
En Campaña están proxectadas cinco actuacións nas zonas de Devesa, Montiño, O Coto e Rúa Nova.
En Xanza asfaltaranse catro viais en Baño, Carballiño, Parafita e Sixto e, por último, en Setecoros melloraranse dúas estradas en Casaldeirigo e Outeiro.
Trátase de estradas que se atopan en malas condicións para a circulación debido principalmente ao desgaste propio do seu uso e tamén polos arrastres como consecuencia das chuvias dos últimos invernos. Executaranse traballos de limpeza do firme e das marxes, con apertura de cunetas, e a posterior pavimentación con mistura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor.
Investiranse un total de 363.282’45 euros do Plan Concellos 2019, da Deputación, e o prazo de execución dos traballos é de trinta días.