Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O subtenente José Vilar e a coordinadora de educación vial Helena Rodríguez impartiron unha charla no Auditorio Municipal

- Cruzar polos pasos sinalizados, circular pola esquerda e en fila de un son algunhas das normas de seguridade que ofreceron

atropelos5

Valga, 29 de marzo de 2019.

José Vilar, subtenente da Garda Civil de Tráfico, e María Helena Rodríguez, coordinadora de educación vial da Xefatura provincial de Tráfico de Pontevedra, impartiron esta mañá no Auditorio Municipal unha charla sobre prevención de atropelos dirixida, especialmente, a maiores, un dos colectivos máis vulnerables entre os usuarios das estradas.

Evitar accidentes tan tráxicos como acontecido hai unhas semanas na N-550 e que supuxo o falecemento dun veciño foi o obxectivo desta actividade, organizada en colaboración co Concello, e na que se promoveu o uso dos chalecos reflectores como unha das medidas básicas de seguridade a adoptar polos peóns cando circulan por vías interurbanas e travesías nas que non hai beirarrúas.

O aumento do número de atropelos está a ser alarmante no comezo de 2019 en Galicia.

Nos dous primeiros meses deste ano rexistráronse seis vítimas mortais, fronte aos 14 falecidos en todo o 2018. Por iso a Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha unha campaña de prevención con charlas como a celebrada hoxe no Auditorio e na que se explicaron algunhas normas básicas para desprazarse con seguridade nas estradas.

Vestir roupa clara se é de día ou utilizar prendas reflectoras de noite para facerse ver ante os condutores é primordial, así como cruzar polos pasos sinalizadas e circular sempre pola esquerda (de cara ao tráfico) e en fila de un. Manexar o móbil ou ir escoitando música poden ser condutas de risco, xa que conlevan despistes que poden chegar a provocar accidentes.

Tanto o subtenente José Vilar como a coordinadora de educación vial Helena Vilar fixeron fincapé nas características do termo municipal de Valga, con núcleos diseminados e atravesado pola estrada N-550, un vial cun gran volume de tráfico, moitos camións e vehículos pesados. Estes factores acrecentan o risco de atropelos.

Ademais destas pautas para os viandantes, os responsables de Tráfico tamén lembraron algunhas das normas que rixen para os condutores como non consumir alcohol, circular coas luces acendidas ao anoitecer, en caso de néboa ou choiva e reducir a velocidade en zonas habitadas ou de paso frecuente de peóns. Por último, tratáronse cuestións como os adiantamentos a ciclistas e como circular correctamente nas rotondas.

Ao remate da charla, repartíronse chalecos reflectores entre os asistentes, arredor de corenta persoas.

atropelos1 atropelos2

atropelos4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver