Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os veciños de Valga poden retirar as súas entradas no Concello entre os días 1 e 9 de abril

- A programación cultural para o vindeiro mes inclúe un encontro de orquestras, a actuación da Banda Municipal e unha exposición de Rosa Crespo

A roda

Valga, 28 de marzo de 2019.

O grupo tradicional “A Roda” actuará o vindeiro 13 de abril, ás 20 horas, no Auditorio Municipal con entrada de balde para o público.

Ante a previsión dunha elevada asistencia de persoas, para presenciar a actuación será necesario retirar con anterioridade no Concello unha entrada gratuíta con asignación de asento e tendo prioridade os veciños de Valga. As persoas empadronadas no municipio terán de prazo entre os días 1 e 9 de abril para solicitar no Concello os seus tíckets. En caso de que non se complete o aforo, o resto de asentos poñeranse a disposición do público en xeral.

“A Roda” vén de festexar no 2018 o corenta aniversario da súa fundación e recibiu, tamén no pasado ano, o Premio da Cultura Galega polo seu labor de promoción e difusión da música popular. A agrupación, un dos principais expoñentes da música de taberna en Galicia, está inmersa dende comezos deste 2019 na súa xira “A Roda-Cultura Galega”. Temas como “Pousa, pousa” ou “Miudiño”, convertidos xa en auténticos himnos, destacan no seu amplo repertorio de cantigas, cancións populares e temas de composición propia.

Este concerto forma parte da programación cultural do Auditorio Municipal para o mes de abril, que inclúe tamén un Encontro de Orquestras Xoves que terá lugar o vindeiro sábado, día 6, e no que participarán a Orquestra de Cámara de Valga, a Filharmónica Infantil Cidade de Pontevedra e a Xove Orquestra Filharmónima Cidade de Pontedra.

As actuacións musicais continuarán o domingo 14 con Camerata Arven e o mércores 17 co concerto “Pasión Manchega”, a cargo da Banda de Música Municipal de Valga, coa directora convidada Ana Belén Rubio Maganto.

A sala de exposición do Auditorio acollerá entre os días 3 e 30 a mostra “Pintando ilusións”, de Rosa Crespo.

Programacion Abril 2019

 

CARTEL A RODA

 

EXPO ROSA CRESPO

Volver