Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade está fixada para o venres ás 12 e os interesados poden inscribirse chamando ao Concello ou ao Auditorio

- TokApp permite recibir información de forma directa e segura e pode descargarse no enlace https://tokapp.com/suscripciones/concello-de-valga/934158

CEMIT5ABRIL

Valga, 1 de abril de 2019.

A Aula CeMIT celebra o venres, 5 de abril, unha nova xornada práctica “TokApp. Conecta co teu Concello”, para explicar como descargar e empregar a aplicación TokApp, que a comezos de marzo puxo en servizo o Concello de Valga para comunicarse coa veciñanza a través de smartphone ou tablet. Nas súas primeiras semanas de funcionamento conta xa con preto de 200 usuarios.

A actividade terá lugar ás 12 horas e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando por teléfono ao Concello (986 55 94 56) ou ao Auditorio Municipal (986 55 67 69).

TokApp é unha plataforma de mensaxería instantánea que permite recibir información de forma directa, segura e respectando a privacidade e a confidencialidade esixidas pola Lei de Protección de Datos. Os cidadáns poden seguir as novidades municipais a través dos grupos de subscrición que ten abertos o Concello e que, a día de hoxe, son: Actividades culturais e deportivas, Emprego e formación, Axudas e Información xeral. As persoas usuarias poderán subscribirse aos grupos que queiran a fin de recibir só a información que lles resulte de interese.

A plataforma pode descargarse de xeito totalmente gratuíto a través do enlace https://tokapp.com/suscripciones/concello-de-valga/934158 ou accedendo dende o dispositivo móbil a App Store (iOS) ou Google Play (Android), buscando “TokApp” e descargando a aplicación. Ao abrila hai que seleccionar o país e cubrir os datos para a creación do usuario e o contrasinal. A continuación, subscribirse ao Concello de Valga e, dentro desta opción, ás listas temáticas ou grupos que se consideren de interese.

Unha das principais características de TokApp é que garante a privacidade dos datos persoais, de modo que non fai falta rexistrarse cun número de teléfono e incluso existe a opción de desactivar a visibilidade do email e teléfono de forma que só sexa visible o nome de usuario empregado á hora de rexistrarse. Ademais, as mensaxes enviadas a múltiples destinatarios realízanse de maneira privada e as respostas non son visibles a outros usuarios.

CEMIT5ABRIL

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver