Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Dará comezo ás 10:30 horas e a asistencia é libre para todos os veciños

- O obxectivo é fomentar o uso de chalecos reflectores para que os peóns se fagan ver nas estradas

Charla atropelos

Valga, 27 de marzo de 2019.

A Garda Civil de Tráfico impartirá este venres, 29 de marzo, no Auditorio Municipal unha charla sobre prevención de atropelos na que se explicarán as normas e consellos básicos para que os peóns se despracen con seguridade polas estradas.

O coloquio, organizado coa colaboración do Concello de Valga, terá lugar a partir das 10:30 horas e a asistencia é libre para todos os veciños que queiran participar. Trataranse asuntos como as condutas peatonais seguras fóra do núcleo urbano, os riscos derivados do consumo de medicamentos e alcohol, novas tecnoloxías e condución de vehículos e as últimas modificacións normativas.

Esta actividade forma parte dunha campaña da Dirección Xeral de Tráfico para frear os accidentes mortais por atropelo nas estradas galegas e sensibilizar aos peóns e condutores sobre a necesidade de extremar a súa seguridade e consolidar hábitos de comportamento seguro. 

No caso concreto dos peóns, o fin último é fomentar o uso dos chalecos reflectores para facerse ver. No tocante aos condutores, incidirase na obrigatoriedade de levar as luces do vehículo acendidas en caso de meteroroloxía adversa para que sexan vistos polos demais usuarios da vía e moderar a velocidade en zonas de alto movemento de peóns como travesías, sendeiros ou áreas habitadas.

O aumento de falecidos por atropelo está a ser preocupante neste comezo de 2019 en Galicia. Nos dous primeiros meses deste ano rexistráronse seis vítimas mortais , fronte aos 14 falecidos en todo o 2018.

Charla atropelos

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver