- A agrupación arousana ofreceu unha selección dos mellores fragmentos do xénero lírico
- O espectáculo destacou pola coidada escenografía
Valga, 26 de marzo de 2019.
O Coro Liceo de Vilagarcía actuou o pasado sábado Auditorio Municipal, ao que levou o seu espectáculo “Noite de Zarzuela”, unha compilación dos fragmentos máis coñecidos e recoñecidos deste xénero musical escénico.
A agrupación coral estivo liderada por catro solistas, o tenor José Luis Prado, as sopranos Tamara Casas e Loli Crespo e o barítono Julio Cores, e contou co acompañamento musical da Banda de Cámara “Arousa”, con arranxos e dirección de Santiago Fontes.
Diego Rubianes e Santiago Valcárcel foron os presentadores e actores dun espectáculo que destacou pola súa coidada e vistosa escenografía.