- Están a realizar as divisións para habilitar os novos baños e duchas
- Ademais, continúan os traballos de acondicionamento do edificio de usos administrativos
Valga, 26 de marzo de 2019.
Os integrantes do módulo de albanelería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III están a executar obras de ampliación no ximnasio municipal de Beiro e tamén a mellora dos vestiarios.
Os dez alumnos desta especialidade comezaron os traballos co picado do pavimento e do azulexo dos vestiarios, tanto no de mulleres coma no de homes, e agora están a levantar as divisións para habilitar un total de catro baños, dous deles para persoas con mobilidade reducida, e seis duchas.
A continuación executarán o revestimento do piso e o alicatado das paredes, ademais da colocación dos novos aparatos sanitarios.
Dende os vestiarios abrirase unha porta que comunicará coa zona de ampliación do ximnasio. A construción xa está realizada e o alumnado do Obradoiro de Emprego encargarase de colocar o pavimento vinílico e de pintar as paredes.
Estes traballos compaxínanos coas obras no edificio de usos administrativos, no que acondicionaron os baños, revestiron as escaleiras e a tercera planta e agora están a construír unha rampa para o acceso de persoas con mobilidade reducida.