- Foron pioneiras nuns tempos nos que o mundo do automóbil estaba practicamente reservado aos homes
- O acto celebrouse con motivo do Día Internacional da Muller
Valga, 9 de marzo de 2019.
O Auditorio Municipal acolleu esta tarde a homenaxe ás mulleres valguesas que foron pioneiras no mundo da automoción e sacaron o carné de conducir antes de 1975 ou nese mesmo ano.
O mundo do automóbil estivo tradicionalmente reservado aos homes, relagando á muller a un segundo plano. Co agravante de que antano se unha muller quería sacar o carné de conducir tiña que presentar autorización paterna ou marital para poder obtelo.
As homenaxeadas, que recibiron un diploma e un ramo de flores, foron:
- Amalia Bermúdez Freiría
- Amalia Milagros Souto Meniño
- Amparo Freiría Ferro
- Carmen Rey Duro
- Celia Villaverde Vilaseco
- Custodia A. Becerra Campaña
- Ermitas Precedo Barros
- Erundina Jamardo Portas
- Esther Barreiro Miguéns
- Esther Rey Magariños
- Esther Pazos Castaño
- Eudosia Casal Senín
- Lourdes Santiago Gregoria
- Lucía Blanco Bermúdez
- María Torres Lorenzo
- María de los Ángeles Otero Barreiro
- María del Carmen Pérez Iglesias
- María del Pilar Buceta Portas
- María Dolores Tobío Barreiro
- María Elena Cerneira Santiago
- María Mondragón Tanoira
- María Otero Tanoira
- Marisa Fernández Maquieira
- Matilde Rey Duro
- Matilde Rodríguez Touceda
- Nieves Campaña López
- Nieves Santos Campaña
- Ramona Touceda Porrúa
- Valentina Ferro Castaño
Todas elas abriron camiño a mulleres de xeracións posteriores. Unhas sacaron o carné por necesidade, para poden atender mellor ás súas familias, outras por motivos laborais, para desprazarse ao traballo ou conseguir un emprego, e outras para dipoñer de maior liberdade e non depender de ningúen. Nalgúns casos tiveron que soportar palabras de desprezo ou malos modos e miradas polo feito de ser mulleres e ir ao volante dun vehículo, pero nada diso as arredou e seguiron adiante con decisión.
No transcurso do acto, a concelleira de Igualdade Begoña Piñeiro, reafirmou o compromiso do Concello de Valga coa igualdade e de aí este acto de “recoñecemento ao traballo das mulleres que, tanto de forma individual como a través das entidades e colectivos sociais, seguen a dar pasos adiante para acabar coas diferentes formas de discriminación que impiden ás mulleres o pleno exercicio dos seus dereitos”.
“A incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en plena igualdade. Pedimos que se remate coa discriminación laboral e a fenda salarial. Pedimos as mesmas oportunidades para desenvolvernos profesionalmente. Pedimos que se recoñeza e se poña en valor o traballo doméstico e, sobre todo, que non nos maltraten”, dixo a concelleira.