Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade “Cando as nenas voas alto” tratou o empoderamento feminino no Día Internacional da Muller

- Rapaces de todas as idades pintaron, decoraron e recortaron as súas máscaras de Entroido

obradoiromascaras3

Valga, 8 de marzo de 2019.

A biblioteca municipal de Cordeiro encheuse esta tarde de nenos que asistiron a dúas actividades, unha con motivo do Día Internacional da Muller e outra para festexar o Entroido.

A partir das 16:30 horas tivo lugar o Contacontos pola Igualdade “Cando as nenas voan alto”, unha historia sobre a autoestima e o empoderamento feminino que trata de transmitir a todas as rapazas que está nas súas mans loitar para conseguir os obxectivos que se propoñan.

As protagonistas do conto, Adriana, Ximena e Martina, teñen grandes soños. Queren ser piloto, violinista e escritora pero a banda de Don Nonoconseguirás encheulles os bolsillos de pedras para que non poidan voar. Representan a todas as nenas que a diario se atopan con obstáculos que se interpoñen entre elas e os seus obxectivos, pero que ao fin acadan a forza e a valentía para liberarse das pesadas pedras que lles impiden voar.

contacontosigualdade

Tras esta actividade, que formou parte da programación do Concello con motivo do 8 de marzo, deu comezo un obradoiro de caretas no que nenos de todas as idades pintaron, recortaron e decoraron con purpurina e plumas as súas máscaras de Entroido.

obradoiromascaras1 obradoiromascaras2

obradoiromascaras4

Volver