Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a renovación das beirarrúas, a instalación de pasos de peóns elevados e rede separativa de saneamento

- A Axencia Galega de Infraestruturas investirá 286.353 euros nesta actuación

PO 190 1

Valga, 26 de febreiro de 2019.

A Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia adxudicou á empresa Marconsa S.L. as obras de mellora da seguridade viaria e dos servizos na estrada PO-190, en Ferreirós, un proxecto no que se investirán 286.353’08 euros.

As actuacións que se acometerán nesta estrada de titularidade autonómica incluirán a mellora da rede de saneamento coa instalación de novas tubaxes separativas de augas pluviais e fecais e a substitución das actuais beirarrúas por unha senda peonil que, nalgúns puntos, será ensanchada para garantir a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida.

No tocante á seguridade viaria, adoptaranse medidas de calmado do tráfico como o estreitamento dos carrís de circulación e a colocación de sete pasos de peóns sobreelevados para reducir a velocidade dos vehículos. Por útimo, aplicarase unha nova capa asfáltica. Os traballos afectaran a un tramo de 1,2 quilómetros de lonxitude, dende o entronque da PO-190 coa estrada Pontecesures-Vilagarcía.

A execución destas melloras foi xestionada polo Concello ante a Xunta de Galicia para “garantir a seguridade viaria neste entorno e contar, ademais, con servizos de calidade”, indica o alcalde, José María Bello Maneiro.

Volver