Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As restricións afectarán a un tramo dun quilómetro entre o CEIP Baño-Xanza e a prazuela

- O Concello pide aos condutores que respecten o corte pola seguridade do alumnado

 

Valga, 25 de febreiro de 2019.

A estrada de Baño, a EP-8502, permanecerá cortada ao tráfico o vindeiro venres, 1 de marzo, entre as 12 e as 14 horas debido ao desfile de Entroido que teñen previsto realizar o alumnado e o profesorado do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza.

O corte afectará a un tramo dun quilómetro, entre o colexio e a praza Manuel Vicente Cousiño, para permitir o paso da comparsa en condicións de seguridade.

O treito afectado estará debidamente sinalizado e colocaránse vallas nos distintos cruces que desembocan na estrada de Baño para advertir aos condutores das restricións no tránsito de vehículos.

Dende o Concello faise un chamamento aos usuarios para que respecten a sinalización e eviten circular por esta vía entre as 12 e as 14 horas, tendo en conta que a comparsa escolar estará formada por case trescentos nenos, algúns deles de moi curta idade.

MAPA

Volver