Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DE DESIGNACIÓN DE MEMBROS DO TRIBUNAL E APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN MONITOR PARA O CODI EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso en réxime de persoal laboral temporal dun monitor para o CODI.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía num. 2019-0036 de data 29 de xaneiro de 2019, e en virtude do artigo 20 do Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado polo Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local, en uso das miñas atribucións,

RESOLVO

PRIMEIRO. Designar como membros do tribunal que debe xulgar as correspondentes probas a:

- Presidente: Mª José Devesa Fernández, ou persoa en quen delegue

- Secretario: Juan Manuel Salguero del Valle, ou persoa en quen delegue

- Vogal: Juan Ramón Angueira Castiñeiras, ou persoa en quen delegue

- Vogal: Cristian Magán Fonseca, ou persoa en quen delegue

- Vogal: Diana Rodríguez Cotón, ou persoa en quen delegue

 

SEGUNDO. Aprobar a seguinte relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos:

Aspirantes admitidos:

- ADRIÁN VILLAR TARRÍO, DNI num. 35599466C

Aspirantes excluídos:

- VÍCTOR SÁNCHEZ BARREIRO, DNI num. 35482872J

Polas causas seguintes: Non posuír a titulación requerida.

- ANDRÉS GONZÁLEZ CORNES, DNI num. 35488062M

Polas causas seguintes: Presentación da solicitude fóra de prazo e non posuír a titulación requerida.

 

TERCEIRO. Publicar a relación provisional de admitidos e excluídos na sede electrónica deste Concello (https://valga.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello.

 

CUARTO. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de DOUS DÍAS HÁBILES, a partir da publicación deste anuncio na sede electrónica do Concello (13 de febreiro de 2019), para formular reclamacións ou enmendar os defectos que motiven a súa exclusión.

O alcalde

José María Bello Maneiro

 

Descargar Resolución de Alcaldía

Volver