Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Celébrase o 15 de marzo e será impartida pola farmacéutica Ana Hermida

- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o vindeiro luns, 18 de febreiro, ata o 8 de marzo

medicamentos1

Valga, 13 de febreiro de 2019.

A unidade de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, unha xornada sobre o bo uso dos medicamentos que terá lugar o vindeiro 15 de marzo a partir das 16:30 horas no Auditorio Municipal. Será impartida por Ana Hermida Cao, farmacéutica da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

Trataranse cuestións como os distintos tipos de medicamentos, como actúan e cales son algunhas das súas contraindicacións. Tamén se falará da automedicación, dos medicamentos xenéricos, dos antibióticos e o seu abuso, de como conservar os fármacos e como reciclar os restos que xa non sexan necesarios e os envases no Punto Sigre. Pluripatoloxías, persoas polimedicadas e medicamentos e terceira idade serán outros asuntos que se explicarán durante a xornada.

Os obxectivos desta actividade do Plan de Pr0evención das Drogodependencias son promover o uso axeitado dos medicamentos, concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao seu uso e transmitir a importancia de empregalos correctamente e tomar as dosis indicadas para aliviar ou curar a enfermidade que se está a padecer e protexer ao paciente de reaccións adversas.

Para asistir a esta xornada é preciso inscribirse con anterioridade no Auditorio Municipal, nas oficinas do Concello ou descargando AQUÍ a folla de inscrición. Esta ten que entregarse debidamente cuberta no Consistorio ou no Auditorio. O prazo para anotarse comeza o vindeiro luns, 18 de febreiro, e remata o día 8 de marzo.

medicamentos

 

 

Volver