Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Supervisaron a situación dos dous centros de Infantil e Primaria acompañados pola concelleira Carmen Gómez

- As dúas administracións traballan de xeito coordinado para mellorar as infraestruturas educativas de Valga

cole ferrocouselo

Valga, 8 de febreiro de 2019.

Técnicos da Consellería de Educación e do Concello, acompañados pola concelleira delegada de Educación, Carmen Gómez, realizaron esta semana un percorrido polos colexios CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Cordeiro e CEIP Plurilingüe Baño-Xanza. Supervisaron o estado das instalacións educativas para detectar posibles deficiencias e necesidades en ámbolos dous centros, nos que cursan estudos arredor de 400 alumnos de Educación Infantil e Primaria.

Esta visita é consecuencia da reunión que o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez mantiveron recentemente con responsables da Consellería de Educación e na que, abordaron, entre outros asuntos, a situación dos diferentes centros de ensinanza de Valga. O obxectivo das dúas administracións é seguir colaborando para mellorar as súas instalacións e para poder ofrecer a mellor formación posible aos nenos e mozos valgueses.

Os técnicos da Xunta e do Concello encargaranse agora de avaliar cada unha das necesidades detectadas e coordinaranse para poder executar aquelas obras que se consideren prioritarias.

Volver