Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Educación mantiveron onte unha reunión co equipo directivo e con pais de alumnos do CRA

- No Centro Rural Agrupado cursan segundo ciclo de Infantil un total de 56 nenos de 3 5 anos

ESCOLAVILARELLO

Valga, 6 de febreiro de 2019.

A Consellería de Educación aportará novo equipamento para as escolas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Valga, o que suporá unha mellora nos materiais dos que dispoñen e reforzará o desenvolvemento da actividade educativa nas unitarias de Campaña, Ferreirós, Vilarello, Xanza, Chenlo e Forno, nas que cursan o segundo ciclo de Educación Infantil un total de 56 alumnos de entre 3 e 5 anos.

A necesidade de renovar e ampliar o equipamento destes centros foilles trasladada a responsables da Consellería  polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, nunha recente reunión. O goberno municipal agradece á Consellería a súa celeridade á hora de atender esta necesidade da comunidade educativa do CRA.

Precisamente con representantes desta comunidade educativa mantiveron onte un encontro o rexedor e a concelleira Carmen Gómez, co obxectivo de afondar na situación das escolas e detectar novas carencias. Na reunión participaron o equipo directivo e tamén pais de alumnos, que trasladaron aos responsables municipais as melloras que eles entenden que deberían executarse nas unitarias.

As conversas centráronse, sobre todo, no acondicionamento do entorno e dos patios das escolas. Desde o Concello ofrecéuselles a posibilidade de entrar a participar no proxecto Embelecer Valga, de maneira que sería a administración municipal a que aportaría e financiaría todos os materiais precisos para executar os proxectos de ornamentación e acondicionamento dos exteriores dos colexios. Ademais, o alcalde e a concelleira deron orde ao persoal do GES de encargarse de executar o mantemento no entorno das unitarias.

A dirección do CRA fará chegar ao Concello unha relación coas melloras que consideran prioritarias para xestionar a súa posible execución.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver