Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O instrumento finánciase co superátiv do ano 2017

- Será subministrado pola empresa malagueña Royal Pianos

piano1

Valga, 4 de febreiro de 2019.

O Concello de Valga vén de investir 79.998’79 euros na adquisición dun piano de cola para a Escola Municipal de Música. O subministro do novo instrumento foi adxudicado á empresa Royal Pianos, de Málaga, e finánciase co superávit do ano 2017.

O piano co que contará a Escola Municipal para a súa actividade formativa e cultural será o modelo “Concert” da marca alemana Gotrian Steinweg, unha das de maior prestixo a nivel internacional e con máis de 180 anos de traxectoria no sector. Algunhas das características do instrumento son: 225 centímetros de lonxitude, 153x100 cm. de anchura, cor negra, tres pedais, mecánica de alta precisión e control de pedais e apagador.

Ademais, ten como accesorios unha funda protectora acolchada a medida, banqueta de concerto de altura graduable e sistema de rodas para o transporte.

O contrato asinado entre o Concello e a empresa Royal Pianos inclúe o transporte do instrumento e dos seus accesorios ata o Auditorio Municipal, a súa instalación e acondicionamento á acústica da sala e a afinación inicial.

Mentras o piano de cola contratado non chega a Valga, o adxudicatario puxo a disposición do Concello e da Escola Municipal de Música outro instrumento provisional que xa se atopa no Auditorio dende finais da semana pasada.

 piano1

Volver