Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A psicóloga e a avogada do CIM foron as encargadas de impartir este módulo

- Trataron temas como a discriminación laboral ou a violencia de xénero

obradoiroigualdade1

Valga, 31 de xaneiro de 2019.

Os participantes no Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, dez alumnos da especialidade de albanelería e outros dez de forestais, asistiron esta semana a un módulo de sensibilización en igualdade de dez horas de duración.

Esta formación, complementaria aos oficios que están a aprender durante os nove meses de duración do Obradoiro, foi impartida polas técnicas do Centro de Información á Muller (CIM) que comparten os concellos de Valga e Moraña, a psicóloga Marcela Santorum e a avogada Ángela Fernández.

O obxectivo deste módulo foi o de promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para poder contribuír ao desenvolvemento da sociedade a través do acceso ao mercado laboral en condicións de igualdade. As técnicas explicaron ao alumnado algúns dos plans e políticas institucionais que están en vigor para a loita contra a discriminación laboral e abordaron, ademais, a problemática da violencia de xénero así como as medidas preventivas e recursos existentes para actuar contra ela.

 obradoiroigualdade2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver