Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto inclúe a instalación de depuradoras nas Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel

- A mellora e ampliación da rede municipal de saneamento está a ser unha prioridade para o goberno municipal

CONTRATOSANEAMENTO

Valga, 31 de xaneiro 2019.

O Concello adxudicou á empresa Marconsa a execución do proxecto “Saneamento no Concello de Valga” que inclúe obras de mellora e ampliación da rede municipal de alcantarillado en distintos núcleos mediante a dotación de novos colectores e instalación de pozos de bombeo e depuradoras. O orzamento total ascende a 509.969’17 euros que se financian a través do programa provincial Plan Concellos.

Os lugares nos que se executarán as obras de mellora e ampliación da rede de saneamento son Balleas-Socastro, Outeiriño-Baño-Carballiño, Sixto, Chenlo, Raxoi, Bronllo-Cernadas e Vilar. Está proxectada a instalación de dúas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) nas zonas das Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel.

A execución dos colectores realizarase con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e irán acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometida das vivendas.

A ampliación da rede municipal de saneamento está a ser unha prioridade para o goberno municipal nos últimos anos. Con este tipo de investimentos mellórase a evacuación das augas residuais procedentes das viviendas, o que permite a eliminación de pozos negros e fosas sépticas e evita posibles focos de contaminación ambiental.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver