- Terá lugar mañá venres no Auditorio Municipal ás 9 horas
- Poden asistir emprendedores, empresas, asociacións ou calquera tipo de entidade ou persoa que queira poñer en marcha un proxecto
Valga, 31 de xaneiro de 2019.
O Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés e Ulla-Umia celebra mañá venres no Auditorio Municipal unha xornada informativa sobre as axudas do programa europeo Leader á que poden asistir emprendedores, empresas, asociacións ou calquera tipo de entidade ou persoa que queira poñer en marcha un proxecto ou estea interesado nesta liña de subvencións.
O programa Leader 2014-2020 é impulsado pola Unión Europea e ten como principal obxectivo descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de maneira que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
No trancurso da xornada, que se desenvolve en colaboración co Concello de Valga, explicarase cales son as entidades beneficiarias do Leader, o procedemento de xestión das axudas, o orzamento co que conta o GDR Salnés Ulla-Umia para este período e a porcentaxe de subvención, os tipos de axudas e a documentación que debe presentarse para optar a elas, entre outras cuestións.
A charla comezará ás 9 horas.