Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Será impartida por Mª Agustina Perandones, doctora en didáctica da linguaxe musical pola Universidade Complutense de Madrid

- Terá lugar o día 16 de febreiro no Auditorio Municipal

conferencialinguaxe1

Valga, 25 de xaneiro de 2019.

A Escola Municipal de Música ten aberto o prazo de inscrición na conferencia master-class “A importancia da linguaxe musical na formación do músico”, que se desenvolverá o vindeiro 16 de febreiro no Auditorio Municipal entre as 10 e as 14 horas. Será impartida por Mª Agustina Perandones, doutora en Didáctica da Linguaxe Musical pola Universidade Complutense de Madrid.

As inscricións poden realizarse a través do enlace https://drive.google.com/open?id=1IpLBGvNR4MEqabi16Zmzyi5UFg_tBD7RqSkKX2K72xc. As persoas interesadas en máis información sobre a actividade poden poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Mª Agustina Perandones é pedagoga e profesora de linguaxe musical, pianista e compositora. Actualmente exerce como profesora de linguaxe musical no Conservatorio Profesional de Música Arturo Soria, é doutora en Didáctica da Linguaxe Musical pola Universidade Complutense e posúe o título de Suficiencia Investigadora en Socioloxía e Antropoloxía Social na área de música pola Universidade Autónoma de Madrid.

É autora de importantes publicacións como a “Nova Metodoloxía da Linguaxe Musical” ou o “Método completo da Linguaxe Musical”. Tamén ten publicados numerosos títulos enfocados á ensinanza da asignatura. Actualmente os seus métodos están implantados nos máis importantes centros de ensinanza a nivel nacional.

Curso de saxofón

Tamén para o próximo mes de febreiro, a Escola Municipal de Música ten organizado un curso de saxofón que se desenvolverá entre os días 15 e 17 de febrero no Auditorio. Será impartido polo grupo “Thesis Quartet”, do que forman parte os valgueses Pablo Vigo (saxofón tenor) e Roi Barros (saxofón barítono) xunto a Álvaro Arias (saxofón soprano) e Carlos Ordóñez (saxofón alto).

O curso constará de clases individuais cos membros de “Thesis Quartet”, clases de música de cámara, un obradoiro de iniciación ao jazz e un taller de reparación e mantemento do instrumento. As prazas para alumnos activos están esgotadas, pero aínda se admiten oíntes que poden inscribirse premendo no enlace https://drive.google.com/open?id=1mW5gsj1t3iljcbpnjIsSfSQgKshkqcZAJUtukg7qnlk

conferncialinguaxe2

 

Díptico cos contidos da conferencia

Volver