Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estase a realizar reapertura de cunetas nunha vintena de viais para favorecer a evacuación das augas pluviais

- Os reductores de velocidade mellorarán a seguridade vial en estradas das cinco parroquias

obrascunetas1

Valga, 24 de xaneiro de 2019.

O Concello está a executar melloras en estradas de titularidade municipal que inclúen a limpeza de cunetas e tamén a instalación de lombos para favorecer a seguridade vial. As actuacións foron contratadas á empresa Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa).

A limpeza e reapertura de cunetas ten como obxectivo mellorar a evacuación das augas pluviais, evitando desbordamentos e a formación de charcos que poidan dificultar a circulación e favorecer o deterioro da capa de rodadura. Os traballos a executar consisten na excavación das cunetas e limpeza do firme coa retirada de, aproximadamente, 10 centímetros por ambas marxes. Estas actuacións estanse a levar a cabo nunha vintena de estradas que contan con pavimento en bo estado e nas que non está previsto acometer próximamente obras de asfaltado.

No tocante aos reductores de velocidade, estanse a instalar en viais municipais das cinco parroquias priorizando puntos conflitivos nos que os veciños e usuarios expresaron a necesidade de adoptar medidas de seguridade vial para reducir os riscos que supón a circulación de vehículos con exceso de velocidade. Os reductores que se están a executar son de tipo “lombo de asno” cunha altura máxima duns oito centímetros de mezcla bituminosa en quente.

obrascunetas2 obrascunetas3

obraslombos1 obraslombos2

Volver