- Actuarase nos camiños de acceso e na zona de praia e habilitaranse aseos públicos
- Os traballos contan cun orzamento de 61.893’98 euros
Valga, 23 de xaneiro de 2019.
O Concello adxudicou á empresa Covsa obras de acondicionamento no Parque Irmáns Dios Mosquera nas que se investirán 61.893'98 euros.
As obras que se executarán neste entorno inclúen o arranxo de camiños de acceso ao parque coa instalación de pavimento de adoquín, o acondicionamento de aseos públicos e varias actuacións na zona da praia fluvial.
En concreto, dotarase á área de baño dun aliviadoiro para evitar danos en épocas de chuvia e cando aumenta do caudal. Tamén se acondicionará o cauce do regato e reforzarase con cachote de pedra para evitar arrastres durante as crecidas e, por último, acometeranse melloras eléctricas nesta zona de praia.