- O novo órgano redactará unha memoria que incluirá unha análise da oferta e da demanda existentes
- Tamén se elaborarán unha proposta de tarifas e un proxecto de regulamento
Valga, 22 de xaneiro de 2019.
A Corporación municipal aprobou por unanimidade no Pleno de onte a constitiución dunha comisión informativa especial para estudar a viabilidade de crear en Valga un centro de estudos superiores de música.
Ademais, na mesma sesión ordinaria, fixouse a composición de dita comisión atendendo á proporcionalidade existente entre os distintos grupos representados na Corporación. Por parte do grupo de goberno formarán parte deste órgano o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira responsable da Escola Municipal de Música, Ramona Otero, e Begoña Piñeiro. A representante do grupo socialista será María Ferreirós. Por último, tamén estarán na comisión o secretario e o interventor municipais e un funcionario.
O obxecto desta comisión informativa especial será a de avaliar a conveniencia e a oportunidade de creación dun Conservatorio de música en Valga. Elaborará unha memoria relativa aos aspectos social, xurídico, técnico e financiero do servizo. Neste documento figurarán tanto a forma de xestión como unha proposta de tarifas, unha análise de mercado cun estudo da oferta e da demanda existentes e un proxecto de regulamento.
Unha vez elaborada, esta memoria presentarase ante o Pleno da Corporación, que deberá decidir sobre a constitución do servizo.