- O sorteo de prazas para os destinos máis solicitados tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos
- Os desprazamentos terán lugar entre os meses de marzo e maio
Valga, 22 de xaneiro de 2019.
Máis de medio cento de valgueses viaxarán entre os meses de marzo e maio a Tenerife, Benidorm e Roquetas de Mar (Almería) co programa de turismo social do Imserso, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
Hoxe pola mañá tivo lugar no Salón de Plenos do Concello o sorteo de prazas para os destinos máis demandados. Para viaxar a Tenerife hai 10 prazas e presentáronse 13 solicitudes e para Benidorm había 43 peticións para corenta prazas. Neste último caso, ao non presentarse ao acto varios solicitantes e renunciar outros xa non foi necesario realizar sorteo. Para a estancia en Roquetas de Mar aínda quedan prazas libres, xa que das vinte dispoñibles só seis están cubertas.
A viaxe á localidade almeriense será, precisamente, a primeira en realizarse xa que a saída está prevista para o 11 de marzo. A duración será de 10 días. En Benidorm a estancia será de 15 días a partir do 4 de abril e en Tenerife, de 8 días a partir do 23 de maio. Estas viaxes son subvencionadas polo Concello a través dun convenio co Ministerio de Benestar Social. Ademais, a administración municipal faise cargo dos desprazamentos ao aeroporto.
Nos vindeiros días o departamento de Servizos Sociais informará por carta aos participantes no programa sobre os prazos para realizar o pago das viaxes e a data de entrega dos billetes.