- Veciña de Campo, era a terceira muller máis lonxeva do municipio logo de cumplir 100 anos o pasado outubro
- Os actos fúnebres na súa memoria terán lugar mañá á tarde na igrexa de Santa María de Xanza
Valga, 15 de xaneiro de 2019.
O Concello de Valga fai público o seu pesar polo falecemento, na xornada de onte, de Elvira Pardal Leoni aos 100 anos de idade. O goberno local, en nome de todos os valgueses, transmite as súas condolencias á familia e aos achegados da centenaria.
Esta veciña da Campo (Xanza) era a terceira muller máis lonxeva do municipio, despois de celebrar o seu centenario o 21 de outubro do pasado ano 2018. Naquela xornada o alcalde, José María Bello Maneiro, e outros membros do goberno municipal visitárana para felicitala en nome de todos os veciños de Valga e agasallárana cun ramo de flores e unha placa conmemorativa na que podía lerse a lenda “O Concello de Valga a Elvira Pardal Leoni no día do seu 100 aniversario”.
A capela ardente está instalada na sala número 2 do Tanatorio Iria-Flavia (Padrón) . Mañá ás 17 horas celebraranse na igrexa de Santa María de Xanza os actos fúnebres.