Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As trinta e tres alumnas da Escola de Baile realizaron varias coreografías

- Zelani Blanco, Rebeca Fernández e Irene Bermúdez cantaron cancións en directo

FIEira1

Valga, 14 de xaneiro de 2019.

A asociación cultural e xuvenil A Eira celebrou onte domingo no Auditorio Municipal o seu Festival de Inverno, que incluíu actuacións de baile e canto en directo nas que os máis mozos foron os protagonistas.

As alumnas da escola de baile da asociación realizaron coreografías dalgunhas das cancións de moda divididas en catro grupos. Os seus bailes foron recibidos con aplausos polo numeroso público asistente, ao igual que as cancións que cantaron en directo Zelani Blanco, Rebeca Fernández e Irene Bermúdez.

O colectivo A Eira organiza ao longo do ano distintas actividades para a mocidade de Valga. A súa escola de baile conta cun total de trinta e tres alumnas e ten como mestre a Daniel Pintos.

FIEira2 FIEira3

FIEira4 FIEira5

FIEira6 FIEira7

         FIEira8                        FIEira9

Volver