Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nas seis semanas de apertura rexistrouse unha gran afluencia de público

- O nacemento mantense ata o mes de setembro para visitas de grupos, que deben concertar cita previa

visitabelén

Valga, 9 de xaneiro de 2019.

O Belén Artesanal en Movemento remata o vindeiro domingo, día 13, o seu período de apertura ao público logo de seis semanas nas que recibiu milleiros de visitas. Aínda que non se coñece, polo momento, o reconto global de visitantes, a enorme afluencia de persoas que se vén rexistrando no local de Campaña confirma a desta Nadal como unha edición de gran éxito. A sona do Belén de Valga, declarado de Interese Turístico de Galicia, chega cada vez máis lonxe.

Nesta última semana de apertura, retómanse, ademais, as visitas organizadas ao nacemento. Dous exemplos son a que protagonizará mañá o alumnado do colexio Domingo Fontán, de Portas, ou a programada para o sábado por parte dun grupo de feligreses dunha parroquia de Monforte de Lemos.

Nas datas previas ao Nadal sucedéronse tamén as visitas por parte de centros educativos, como o IES de Meaño, que desprazou a Campaña a 150 alumnos de Relixión de 1º a 4º cursos da ESO. Este instituto é un habitual do Belén, xa que leva máis dunha década visitándoo. O mesmo sucede co IES Torrente Ballester de Pontevedra e os máis de oitenta estudantes de 1º e 2º da ESO que se achegaron ao nacemento valgués.

Durante as festas foron máis habituais as visitas por parte de familias e grupos de achegados, aínda que tamén houbo excursionistas chegados dende distintos puntos de Galicia e Asturias, entre outras procedencias.

Hai que lembrar que, aínda que o Belén Artesanal peche as súas portas este domingo ao público xeral, a montaxe manterase ata o mes de setembro para seguir recibindo a grupos, que previamente deberán concertar cita a través do número de teléfono 630 95 25 15. 

IESMeaño Belen TorrenteBallester Belén

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver