Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os nenos elixiron os seus xoguetes favoritos en varias revistas, recortáronos e introducíronos nos sobres para as Súas Maxestades

- Melchor, Gaspar e Baltasar percorren hoxe o municipio a partir das 14:30 horas e agasallarán a todos os rapaces no Belén Artesanal

cartass1

Valga, 5 de xaneiro de 2019.

Nenos de Valga escribiron na tarde de onte as súas cartas aos Reis Magos nun obradoiro que tivo lugar no Auditorio e co que se pechou a programación de Nadal da biblioteca municipal de Cordeiro.

Os rapaces elixiron e recortaron nas revistas os seus xoguetes favoritos para enviarllos dentro do sobre ás Súas Maxestades e que así non se confundan con tanto traballo como lles espera esta noite. Despois escribiron as cartas que hoxe mesmo lles poderán entregar a Melchor, Gaspar e Baltasar durante a súa estancia en Valga.

Os Magos de Oriente e a súa Comitiva Real percorrerán hoxe o municipio a partir das 14:30 horas empregando o tren como medio de transporte e pasando polas principais estradas valguesas. No transcurso deste percorrido farán unha visita ás tres veciñas centenarias de Valga.

Os Reis trasladaranse despois ata o Belén Artesanal, onde todos os nenos e veciños poderán saudalos. Antes da súa chegada, a partir das 18 horas, unha carpa albergará obradoiros de globoflexia, maquillaxe e chaveiros. Arredor das 19 horas os Reis serán recibidos polo alcalde e, a continuación, entregarán un agasallo a todos os rapaces presentes. Será o preludio dunha noite máxica para todos os nenos de Valga.

cartass2cartass3

cartass4cartass5

cartass6

Volver