Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, teñen previsto chegar ao Belén Artesanal ás 19 horas

- A partir das 18 horas haberá obradoiros infantís e, para rematar a xornada, unha festa con discoteca móbil

cabalgata2018 2

Valga, 2 de xaneiro de 2019.

Os Reis Magos de Oriente percorrerán Valga este sábado, día 5, para que ningún neno do municipio quede sen a posibilidade de saudalos e de entregarlles as últimas cartas cos xoguetes e regalos que queren atopar nas súas casas na mañá do 6 de xaneiro.

Como é habitual, Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polos seus paxes, empregarán o tren como medio de transporte durante a súa estancia en Valga. O seu percorrido arrancará ás 14:30 horas nas instalacións do Belén Artesanal e discorrerá polas principais estradas do municipio. Realizarán varias paradas para entregar uns agasallos ás tres centenarias: María Bouzas Senín, de Cerneira e que con 102 anos é a valguesa máis lonxeva, María Josefa Senín Otero, de Rexenxo, e Jesusa Elvira Pardal Leoni, de Campo, estas dúas con cen anos de idade.

A Comitiva Real trasladarase despois ata o Belén Artesanal, onde todos os nenos e veciños poderán saudar aos Magos. Antes da súa chegada, a partir das 18 horas, haberá obradoiros infantís de maquillaxe, globoflexia e chaveiros para amenizar a espera. Arredor das 19 horas os Reis serán recibidos polo alcalde e, a continuación, entregarán un agasallo a todos os nenos presentes.

A festa rematará coa discoteca móbil La Gramola.

cabalgata

Volver