Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

ANUNCIO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚMERO 3 DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Valga, por acordo do Pleno na sesión extraordinaria con data do 30 de novembro de 2018, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período o expediente quedará, con todos os documentos que integran o Plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo nas dependencias municipais así como na sede electrónica deste Concello (https://www.valga.gal) para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenza naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos contados deste a aprobación inicial, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación do plan.

José María Bello Maneiro
Alcalde

Volver