- Os nenos empregaron cartolinas, brillantina e rotuladores para confeccionar as súas propias tarxetas
- O día 4 de xaneiro terá lugar a última actividade, un taller de cartas aos Reis Magos
Valga, 29 de decembro de 2018.
A biblioteca de Cordeiro foi escenario na tarde de onte un novo obradoiro de Nadal.
Os nenos confeccionaron as súas propias postais de Nadal, empregando materiais como cartolinas, pegamento, rotuladores e brillantina e decorándoas con debuxos de árbores de Nadal, bolas, cintas e ou estrelas.
A programación da biblioteca municipal de Cordeiro para este Nadal remata o vindeiro 4 de xaneiro, cun obradoiro de cartas aos Reis Magos. Terá lugar as 17 e as 18 horas e está dirixido a nenos a partir de 5 anos de idade, pero os máis pequenos tamén poderán participar acompañados dun adulto que os axude.