Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O tribunal estivo integrado por dous representantes do Concello e catro membros da asociación Amigos do Belén

- O gañador darase a coñecer o vindeiro 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis

cbeléns1

Valga, 29 de decembro de 2018.

O xurado do XVII Concurso de Beléns, organizado pola Concellería de Cultura, visitou esta mañá os nacementos que optan aos premios. O tribunal estivo formado por dous representantes do Concello e catro integrantes da Asociación Amigos do Belén, que valoraron o tamaño, o número de pezas, a presentación e a orixinalidade de cada composición.

Son seis os beléns que se inscribiron no certame, o dobre que na edición do pasado ano. O percorido comezou pola igrexa de San Miguel, onde Encarna García presentou un belén de gran tamaño con figuras de 1’5 metros de altura, con estrutura de cartón e cara e mans de barro. Teñen máis de corenta anos de antigüidade.

En Campaña, os irmáns Telma e Hernán Dopazo montaron un nacemento formado por unha ducia de figuras de Playmobil e decorado con nubes de algodón e chan de corcho e musgo. O percorido continou por Ferreirós, onde María José Potel compuxo un belén de 25 pezas, con casas de madeira feitas a man e figuras de barro.

Fran e Juan Otero Lobato, veciños de Laxes, presentaron a o concurso un nacemento con arredor de 180 pezas, entre elas casas feitas con corcho, restos de ladrillo e cartón recuberto de pedra e figuras de barro dispostas nunha superficie aproximada de dez metros.

As dúas últimas paradas do xurado tiveron lugar en Barcia e Cortriños. Xián Mariño compuxo no Parque de Barcia un belén de medio cento de pezas con casiñas de cartón e figuras feitas de polietileno e paos de madeira.

Por último, en Cotriños o grupo integrado polos mozos Julián Cerneira, Andrea Torres, Jeny Valiño, Alejandro Torres e Álex Cortés presentaron un nacemento formado por unhas duascentas pezas, con casas de corcho feitas a man, figuras con movemento conseguido con motores de coches de radiocontrol, e iluminación.

O vindeiro 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis, darase a coñecer o belén gañador e entregaranse os premios e agasallos a todos os participantes.

cbeléns2 cbeléns3

cbeléns4 cbeléns5

cbeléns6 cbeléns7

cbeléns8 cbeléns9

cbeléns10 cbeléns11

Volver