Accessibility Tools

GUÍA DIDÁCTICA PARA REDUCIR O DESPERDICIO ALIMENTARIO

Co obxectivo de seguir contribuíndo a diminuír a cantidade de lixo xerado e coincidindo coa Semana Europea da Prevención de Residuos, Sogama vén de lanzar unha guía didáctica para axudar aos cidadáns a reducir o desperdicio alimentario.

Baixo o título “Faite responsable da túa cesta”, chámase a atención sobre a necesidade de diminuír a cantidade de comida que acaba no cubo de lixo, unha problemática con importantes consecuencias ambientais, económicas e sociais.

Aínda que o desperdicio alimentario ten lugar en toda a cadea (desde a produción ata o consumo de produtos), o certo é que o fogar leva a maior porcentaxe: un 60%.

A guía achega unha serie de recomendacións tales como:

-  Planificar os menús semanais
- Facer unha lista da compra e cinguirse á mesma
- Organizar a despensa e neveira para consumir antes os produtos perecedoiros
- Diferenciar entre data de caducidade e de consumo preferente
- Dar preferencia ás froitas, hortalizas e verduras “feas”
- Axustar as racións ao número de comensais e, de haber sobras, aproveitalas para novos menús

Tamén fai referencia á valorización da parte non comestible dos alimentos a través da compostaxe doméstica e industrial, que posibilitan a transformación dos restos orgánicos nun abono natural de alta calidade.

Preme aquí para descargar a Guía para reducir o desperdicio alimentario

boton sixpac

boton pxom

Volver