Accessibility Tools

ENQUISA SOBRE XESTIÓN DE RESIDUOS NO CONCELLO DE VALGA

O Concello de Valga está a elaborar un Plan Local de Residuos e, con este motivo, elaborou unha enquisa para que os veciños expresen as súas opinións sobre este servizo. A enquisa é anónima e pode cubrirse a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/1WRGUACNPEEwcPmv7

O estudo técnico sobre a xestión e prevención de residuos ten como obxectivo mellorar e aumentar a eficacia do seu tratamento, adaptándoo, ademais, á actual normativa. Para a súa elaboración, o Concello recibiu unha subvención de 12.000 euros da Deputación Provincial a través do Plan Revitaliza.

LogoDepo revitaliza

boton sixpac

boton pxom

boton extensions

boton obradoiro

Volver