AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO (ANO 2021)

O Concello ten activa a convocatoria de subvencións para o fomento do emprego correspondente ao ano 2021. O obxectivo destas axudas é promover a inserción no mercado laboral de persoas desempregadas de Valga, ben sexa como traballadores por conta allea ou como autónomos.

Poden ser beneficiarios destas axudas persoas físicas e xurídicas de carácter privado non afectadas por expedientes de regulación de emprego e que formalicen contratos a tempo completo ou media xornada por un período mínimo dun mes con desempregados do municipio. As persoas contratadas deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Levar empadroados en Valga un mínimo de tres meses no momento da solicitude da subvención
  • Levar desempregado un mínimo de catro meses no momento da firma do contrato

Tamén poden acollerse á liña de subvencións persoas que queiran darse de alta como autónomos. Neste caso, os requisitos son:

  • Non ter estado dado de alta como autónomo nin no censo de actividades económicas nos catro meses inmediatamente anteriores á data da citada alta
  • Non ser traballador por conta allea en ningún dos seus réximes
  • Ter domicilio fiscal no concello de Valga
  • Tramitar a alta no censo municipal do IAE do Concello de Valga
  • Acreditar un mínimo de seis meses de alta á hora da petición do primeiro pago, que se efectuará a partir do primeiro semestre de actividade
  • Estar empadroado en Valga cunha antigüidade mínima de tres meses

As solicitudes poden formularse nun prazo máximo de dous meses dende a firma do contrato ou inicio da actividade como autónomo presentando no Concello o impreso debidamente cuberto acompañado da documentación requerida, que pode consultarse nas bases desta convocatoria.

Bases da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego

 

 

Volver