Accessibility Tools

Todas

DAN COMEZO AS OBRAS DE MELLORA E ENSANCHE DA PISTA DA SEIXA (PARAFITA), NAS QUE SE INVISTEN 110.000 EUROS

- A ampliación da estrada mellorará a accesibilidade ao lugar e permitirá os cruces e manobras de vehículos con maior seguridade

- A concelleira Carmen Gómez achegouse a supervisar o inicio da actuación

ObrasSeixa1

Valga, 3 de setembro de 2026.

Esta semana deron comezo as obras de acondicionamento e ensanche da pista da Seixa, na parroquia de Parafita, unha actuación que permitirá mellorar a accesibilidade e seguridade na zona, que ata o de agora se vía comprometida pola estreiteza dalgúns puntos da vía. Con este proxecto, que se financia con fondos da Deputación de Pontevedra, habilitarase un acceso axeitado ás vivendas existentes no lugar e ás parcelas agrícolas da contorna, permitindo o cruce e manobra de vehículos. Ademais, renovarase o firme e mellorarase o sistema de drenaxe.

A concelleira Carmen Gómez acudiu a supervisar o arranque dos traballos, que contan cun orzamento de 110.449’94 euros. A intervención desenvólvese nun treito de case medio quilómetro e inclúe as seguintes actuacións:

  • A limpeza do firme e das marxes, xunto coa reapertura de cunetas en todo o trazado.
  • Traballos de desmonte para a ampliación da plataforma nas tres curvas principais da vía e no treito intermedio.
  • Ensanche do trazado.
  • O fresado do firme existente e nova capa de pavimento de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor.

Con este e outros proxectos de mellora de camiños e estradas nos que está a traballar o Concello, séguese avanzando na mellora da seguridade, accesibilidade e mobilidade no ámbito rural.

ObrasSeixa2 ObrasSeixa3