Accessibility Tools

Xuventude

Información

📍 Ubicación: Casa do Concello, Planta Baixa

🕒 Horario: Luns a venres de 08:00h a 15:00h

📞 Contacto: 986 559 456

✉️ E-mail: cultura@valga.gal

Dende o Concello de Valga, queremos que participes de forma activa do teu concello. Para isto, creamos e difundimos múltiples alternativas formativas, culturais, educativas ou deportivas. Só tes que informarte e participar!

No noso concello tés á túa disposición:

🎓
Charlas e obradoiros dirixidos á xuventude

Estas accións están relacionadas coa promoción de hábitos saudables, formación e emprego da mocidade, promoción e difusión das tecnoloxías da información e comunicación...

🆔
Expedición do carné xove

Destinado a mozos/as entre 12 e 30 anos, ten un custo de 6 euros e unha validez de 2 anos. Os mozos/as que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % terán dereito á expedición gratuíta, así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os seus fillos/as.

ℹ️
Información

Sobre diferentes materias que poidan interesar á poboación xuvenil no eido do ocio e tempo libre, emprego, formación, bolsas, idiomas, certames musicais e artísticos, deportes, asociacionismo, subvencións, voluntariado...

📚
Accións formativas e de lecer

Dirixidas a mozos/as de entre 14 e 30 anos.

🧭
Actividades de orientación

Nos centros educativos do concello e asociacións xuvenís.

🎵
Escola de Música

Consolidada e cun prestixio relevante demostrado coa obtención de numerosos galardóns, a Escola de Música da a oportunidade aos mozos/as de iniciarse nesta arte.

🎉
Festa da Xuventude

Unha xornada de ocio e deporte que une á xuventude do noso concello.

Este sitio web utiliza cookies
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario.