Política de Privacidade
Concello de Valga – Protección e tratamento de datos persoais
1. Introdución
O Concello de Valga comprométese a garantir a protección da privacidade das persoas que acceden ao sitio web municipal, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos (RXPD), e coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Esta política describe o tratamento de datos persoais que pode producirse durante a navegación polo sitio web https://valga.gal.
2. Responsable do tratamento
Responsable: Concello de Valga
NIF: P-36055600J
Domicilio: Avda. Coruña, 14 – 36645 – Valga (Pontevedra)
Correo electrónico: concello.valga@eidolocal.es
3. Datos persoais e rexistros técnicos de acceso
O sitio web municipal ten carácter principalmente informativo e non dispón de sistemas de rexistro de usuarios nin de formularios propios para a recollida de datos persoais.
Non obstante, a navegación polo sitio web xera rexistros técnicos nos servidores que o aloxan. Estes rexistros poden incluír:
- Enderezo IP desde o que se realiza a conexión.
- Data e hora do acceso.
- Páxina ou recurso solicitado, método e código de resposta HTTP e cantidade de datos transferidos.
- Páxina de procedencia da visita, cando estea dispoñible.
- Información sobre o navegador, o dispositivo ou o sistema operativo.
Estes datos trátanse coas seguintes finalidades:
- Garantir o correcto funcionamento do sitio web.
- Manter a seguridade dos sistemas e detectar posibles accesos non autorizados.
- Investigar incidencias técnicas e previr usos indebidos da infraestrutura.
Base xurídica: cumprimento dunha obriga legal e exercicio de poderes públicos (artigo 6.1.c) e e) do RXPD), no marco da garantía da seguridade dos sistemas e, entre outras normas, do Esquema Nacional de Seguridade.
Conservación: os rexistros consérvanse durante o tempo necesario para as finalidades indicadas. Rotan automaticamente segundo a configuración dos servidores e só se mantén un número limitado de ficheiros anteriores, que se comprimen e se eliminan de forma automática; poden conservarse por máis tempo se son necesarios para investigar un incidente de seguridade.
Destinatarios: os datos non se ceden a terceiros, salvo obriga legal ou requirimento das autoridades competentes. Poden acceder aos rexistros as persoas ou entidades encargadas do mantemento do sitio web e dos servidores, que actúan por conta do Concello.
4. Comunicacións co Concello
Cando unha persoa se poña en contacto co Concello a través dos medios de comunicación publicados no sitio web, os datos persoais que facilite voluntariamente trataranse exclusivamente para atender a súa consulta, comunicación ou solicitude. O tratamento realizarase sobre a base xurídica prevista no artigo 6 do RXPD que corresponda segundo a natureza da comunicación, e os datos conservaranse durante os prazos que establece a normativa aplicable.
A sede electrónica do Concello é un servizo independente e os trámites e procedementos administrativos que se xestionen a través dela, ou por outras vías, teñen a súa propia información sobre protección de datos.
5. Cookies
Este sitio web pode utilizar cookies e tecnoloxías similares para permitir o seu funcionamento ou ofrecer determinadas funcionalidades. A información detallada sobre as cookies utilizadas, a súa finalidade e a súa configuración pode consultarse na Política de Cookies.
6. Dereitos das persoas interesadas
As persoas interesadas poden exercer, cando proceda, os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, así como retirar o consentimento cando o tratamento estea baseado nel, sen que iso afecte á licitude do tratamento realizado con anterioridade.
Para exercelos, poden dirixirse ao Concello de Valga, como responsable do tratamento, acreditando a súa identidade:
- Correo electrónico: concello.valga@eidolocal.es
- Enderezo postal: Concello de Valga, Avda. Coruña, 14 – 36645 – Valga (Pontevedra)
O Concello atenderá a solicitude no prazo dun mes, prorrogable dous meses máis cando a complexidade ou o número de solicitudes o xustifiquen.
Así mesmo, teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), a través de www.aepd.es, se consideran que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente.
7. Seguridade da información
O Concello adopta as medidas técnicas e organizativas necesarias para protexer a información tratada fronte á perda, alteración, acceso non autorizado ou tratamento indebido, de acordo co artigo 32 do RXPD e coas disposicións do Esquema Nacional de Seguridade (Real Decreto 311/2022, do 3 de maio) que resulten aplicables.
8. Actualización da política
O Concello de Valga poderá actualizar esta Política de Privacidade cando resulte necesario para adaptala a cambios normativos, técnicos ou organizativos. Recoméndase consultar periodicamente esta páxina para coñecer a versión máis recente.
Última actualización: decembro de 2026
ES
EN