- Abordaron accións para mellorar a calidade de vida e a competitividade económica en Valga
- Bello Maneiro acudiu acompañado pola segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez

Valga, 2 de setembro de 2026.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez participaron hoxe nunha xuntanza de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.
Neste encontro, que tivo lugar en San Caetano, a responsable autonómica e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo de interese para o concello e accións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
ES
EN