- O alcalde, José María Bello Maneiro, asistiu á actividade e participou na entrega de medallas e agasallos
- Lembrouse a figura da narradora e xornalista Begoña Caamaño coa lectura de textos
Valga, 18 de maio de 2026.
Alumnado do IES de Valga, do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza e do CEP Xesús Ferro Couselo participaron esta mañá nos actos da Carreira pola Lingua, conmemorativa do Día das Letras Galegas e nos que literatura, deporte e música foron da man.
No transcurso dos actos púxose en valor a traxectoria vital e literaria da escritora homenaxeada nesta edición, a viguesa Begoña Caamaño, coa lectura de varios textos.
A continuación deu comezo a carreira, na que participaron 271 estudantes de ESO e Bacharelato do IES e de 5º e 6º de Primaria dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo. Os participantes, divididos por categorías, percorreron un circuíto no campo de fútbol municipal de Baño.
Os gañadores foron:
- Primeira categoría (5º e 6º de Primaria) feminina:
- Antía Bouzón
- Lucía Trasande
- Sara Pérez
- Primeira categoría (5º e 6º de Primaria) masculina:
- Pablo Senín
- Xavi Tarrío
- Anxo (6º curso do CEP Ferro Couselo)
- Segunda categoría (1º e 2º ESO) feminina:
- Carmen Castroagudín
- Narah Cancela
- Enma Maneiro
- Segunda categoría (1º e 2º ESO) masculina:
- Fabio Bouzón
- Roque Devesa
- Xavier Miguéns
- Terceira categoría (3º e 4º da ESO e Bacharelato) feminina:
- Ainoa Galán
- Lía Rodríguez Santiago
- Sara Gómez
- Terceira categoría (3º e 4º da ESO e Bacharelato) masculina:
- Hugo Furelos
- Lucas Castroagudín
- Martín Senín
Tamén se entregaron os premios aos gañadores do Concurso de Microrrelatos, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello co obxectivo promover o uso da lingua galega no ámbito educativo, en concreto fomentar a lectura e a expresión e comprensión escrita da nosa lingua.
Na categoría de 1º e 2º da ESO a gañadora foi Julia Tarrío Espiño e o segundo premio recaeu en Martina Muíño Cotón. Na categoría de 3º e 4º da ESO a vencedora foi Lía Rodríguez Santiago.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a responsable do departamento municipal de Normalización Lingüistica, Tamara Cerneira, participaron nos actos en na entrega de medallas e agasallos.
O fin de festa a estas actividades chegou da man da Duendeneta, que animou con música a festa da nosa lingua.
ES
EN