- Unha delegación encabezada polo alcalde asiste aos actos da XXIII Festa de l'Aiguatdent

Valga, 10 de outubro de 2026.
Unha delegación do Concello de Valga atópase esta fin de semana na localidade tarraconense de Prat de Comte para participar nos actos da XXIII Festa de l'Aiguardent. A representación valguesa está encabezada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, acompañados por técnicos municipais, reforzando así os vínculos institucionais e culturais que unen aos dous pobos irmandados.
Á súa chegada a Prat atopáronse cunha emotiva sorpresa: o municipio catalán instalou nos seus accesos e rúas sinais institucionais de benvida onde figuran de xeito destacado o escudo de Valga e o recoñecemento do irmandamento entre ambas as vilas. Un xesto de hospitalidade que reafirma a amizade entre os dous municipios, unidos pola tradición da augardente.
Na xornada do venres 9 de outubro, a delegación valguesa asistiu á tradicional cea que se celebra na honra das persoas —maioritariamente mulleres— que traballan na elaboración dos doces típicos da festa. Esta tradición é un dos piares desta celebración e este ano, elaboráronse arredor de 16.000 pastas artesanais para ser degustadas xunto ás augardentes nas propias casas do pobo durante os días da festa, que se prolonga durante toda a fin de semana.
ES
EN