- Dende nenos ata maiores de 70 anos asisten no local social de Xanza as clases que imparte Ángeles Garrido

Valga, 11 de outubro de 2026.
O Auditorio Municipal énchese de creatividade coa exposición de pintura organizada pola asociación Adeval, na que reúne os traballos realizados polo alumnado das súas clases de expresión artística, que imparte Ángeles Garrido no local social de Xanza.
A exposición destaca polo seu carácter interxeracional, xa que conta con obras creadas por artistas de moi diversas idades: dende cativos de tan só 4 anos ata adultos e maiores que superan os 70. Esta diversidade tamén se reflexa nas propias obras, elaboradas con diferentes técnicas coma acrílico, óleo e incluso debuxo.
A mostra poderá verse durante todo o mes de outubro na sala de exposicións do Auditorio.

ES
EN