Accessibility Tools

Todas

O CONCURSO DA CAÑA DO PAÍS COROOU A PRODUTORES DE BAÑO, COTO E SENÍN

- Pablo Quintáns acadou tres premios, con vitora en dúas das modalidades (branca e de herbas)

- Jorge Rodríguez Blanco foi o vencedor na variedade tostada

CañaBranca26

Valga, 1 de setembro de 2026.

O Concurso da Caña do País coñeceu o pasado sábado, no transcurso da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, aos gañadores da súa trixésimo sexta edición. Produtores das parroquias de Xanza, Campaña, Senín e Valga repartíronse os premios ás mellores augardentes, nas variedades branca, de herbas e tostada.

Foron trinta e nove os licores que se presentaron ao certame, dos que vinte e dous pasaron á cata final: dez na modalidade branca, seis na de herbas e seis tostadas. Exerceron como catadores Juan Carlos García Busto, Ricardo Abuín Mariño, Mª Luisa Vázquez Tubío, Francisco García Carballeira e Mª Elena Cerneira Santiago, que valoraron as augardentes en base ao seu sabor, olor e cor.

A mellor caña branca, gratificada con 500 euros, foi a presentada por Pablo Quintáns Buceta, de Baño (Xanza). En segundo lugar (150 euros) clasificouse Mª Dolores Quintáns Buceta, da Avenida da Coruña.

Na modalidade de herbas o primeiro premio (300 euros) foi tamén para Pablo Quintáns e o segundo lugar (100 euros) ocupouno Josefina Santiago Figueira, de Senín (Xanza).

Por último, os produtores galardoados na variedade de caña tostada foron Jorge Rodríguez Blanco, do lugar de Coto (Campaña), e Pablo Quintáns Buceta que acadou un total de tres premios. Foron tamén gratificados con 300 e 100 euros respectivamente.

CañaHerbas26 CañaTostada26