Accessibility Tools

Todas

AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO ABREN O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 2 DE OUTUBRO

- Estimulación cognitiva e memoria, autocoidado, andainas e expresión artística son as diferentes opcións para personas maiores de 55 anos

- As follas de participación deben entregarse no Concello ou enviarse ao correo electrónico Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la.

 

Valga, 24 de setembro de 2026.

As actividades de envellecemento activo, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, están a piques de iniciar un novo curso e ata o día 2 de outubro teñen aberto o prazo de inscrición. Impartiranse sesións de estimulación cognitiva e memoria, talleres de expresión artística e pintura, realizaranse andainas por distintas zonas do municipio e tamén se organizará unha nova edición do obradoiro de autocoidado. O obxectivo destas propostas lúdicas, culturais, creativas e de benestar é mellorar a calidade de vida da poboación de máis idade e previr a dependencia, ao tempo que se promove a solicialización.

As actividades nas que está aberta a inscrición son:

  • “Envellecer con sentidiño”: estimulación cognitiva e memoria. Os martes de 10:00 a 11:30 no CODI e de 11:45 a 13:15 no Auditorio. Prezo: 9 euros ao mes (6 euros para persoas empadroadas en Valga).
  • “Valga a vida”: autocoidado. Os luns de 10:30 a 12:00 e os xoves de 16: 30 a 18:00 no Auditorio. Prezo 18 euros ao mes (12 euros para persoas empadroadas en Valga).
  • “Pasos en igualdade”: andainas. Os luns ás 10.30 e os xoves ás 16:30 horas. Prezo: 7’50 euros ao mes (5 euros para persoas empadroadas en Valga).
  • “A arte de envellecer”: expresión artística e pintura. Os venres de 10:15 a 12:15 no CODI (pódese solicitar recollida no Auditorio para traslado). Prezo: 9 euros ao mes (6 euros para persoas empadroadas en Valga).

No caso de persoas que participen en máis dunha actividade aplicarase un 25% de desconto á tarifa.

As follas de inscrición cubertas xunto coa solicitude de domiciliación bancaria poden entregarse no Concello ou enviarse por correo electrónico ao enderezo Aquesta adreça de correu-e està protegida dels robots de spam.Necessites Javascript habilitat per veure-la..

Folla de inscrición

EnvellecementoActivo26