- Poden participar menos e mozos de 3 a 16 anos, cun total de 360 prazas divididas en catro quendas
- Desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá, cun prezo de 30 euros por quincena para empadroados en Valga
Valga, 23 de maIo de 2026.
Achégase o verán e o Concello organiza, como é habitual, as actividades Concilia Verán e Campus de Verán, dirixidas a nenos e mozos de 3 a 16 anos de idade. Son iniciativas enmarcadas no
Programa Municipal de Conciliación e Igualdade –Medrando en Igualdade–, encamiñadas a facilitar a
conciliación no período estival a través dunha proposta educativa, fomentando valores como a igualdade, tolerancia e respecto, pero sen esquecerse da parte lúdica e de ocio, e que axudará aos menores á solicialización e ao seu desenvolvemento persoal
Habilítanse un total de 360 prazas distribuídas en catro quendas, desenvolvéndose a actividade de luns a venres (agás días non laborais), no período comprendido entre o 29 de xuño e o 28 de agosto de 2026, nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Baño ou lugares da contorna de Valga. O horario do servizo é de 08:30 a 14:30 horas.
- Primeira quenda: do 29 de xuño ao 14 de xullo
- Segunda quenda: do 15 ao 31 de xullo
- Terdeira quenda: do 1 ao 14 de agosto
- Cuarta quenda: do 15 ao 28 de agosto
O prezo das actividades será de 30 euros por quenda para empadroados e de 45 euros para non empadroados. Establécense reducións nesta tarifa para:
- Familias usuarias dos servizos sociais básicos do Concello.
- Familias numerosas.
- Familias monoparentais.
- Familias nas que o participante teña recoñecida unha discapacidade de, cando menos, o 33%.
- Familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda.
- Familias con dous ou máis inscritos na actividade.
Cada participante pode anotarse no número de quendas que desexe e a selección farase aplicando criterios coma estar empadroados en Valga, a situación de ocupación dos proxenitores, posible situación de vulnerabilidade da familia, e factores coma discapacidade ou vítimas de violencia de xénero, entre outros.
A inscrición realizarase cubrindo o impreso de inscrición e aportando a documentación requirida no prazo comprendido entre o 25 de maio e o 12 xuño de 2026.

ES
EN